Información sobre a convocatoria da Mesa de seguimento (CIG)

 

Breve resumo podemos facer da convocatoria da Mesa de Seguemento de axentes forestais e facultativos medioambientais, do pasado dia 20-02-09, feita conxuntamente por CIG, UXT e CC.OO e non aparecendo, despois de ter sido convocadas as duas consellerías implicadas. Si ben a de Medio Rural disculpou a sua  ausencia por motivos de axenda, con escrito previo, e emplazábanos a unha nova data acordada de forma conxunta, non así o fixo a de Medio ambiente, a cal, como de costume nos despreza e nos dá a ausencia, a indiferencia e a calada por resposta.
Antes tales feitos acordamos os tres sindicatos, tal como a CIG tiña previsto, acudir ós servizos xurídicos propios para estudar e dar unha resposta legal, acorde ó Estatuto Basico do Empregado Público.
 
Por outra banda, como xa sabedes o concurso de traslados está ahí. E seguramente non se dea resolto antes de rematar o verán, según fontes da Xefatura de Servizo de Provisión, pertenecente á dirección xeral da función pública.

 
 
UN SAÚDO.
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies