Manifesto unitario sindical

Os Sectores Autonómicos de CIG, CCOO, CSI-F e UGT, logo de xuntanza celebrada hoxe en Santiago, acordaron impulsar unha Folla de Ruta Unitaria “EN DEFENSA DA PROFESIONALIZACIÓN E SEGURIDADE NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS E EN DEFENSA DO REFORZAMENTO INTEGRAL DO SERVIZO PÚBLICO DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS”, concretándose os seguintes Actos Unitarios a realizar:

  • 15 de setembro, ás 11:00h.: Concentración Sindical Unitaria diante da Consellería de Medio Rural en San Caetano.
  • 5 de outubro, ás 11:00h., Manifestación Unitaria de Traballadores do operativo diante da Consellería de Medio Rural en San Caetano.

Os Sectores da Admón. Autonómica de CIG, CCOO, CSI-F e UGT rexeitan e decisión do goberno autonómico de seguir empregando a Sociedade Anónima SEAGA na PREVENCIÓN, DEFENSA e EXTINCIÓN de INCENDIOS FORESTAIS así como a utilización da empresa NATUTECNIA na coordenación do operativo, disgregación que xenerou descoordinación e unha importante diminución na eficiencia na loita contra os
incendios forestais, polo que denuncian que a contratación dos traballadores do reforzo de verán feita a través de SEAGA, ó marxe das Listas Públicas Oficiais de Contratacións Temporais da Xunta de Galicia, implica:

  • Oscurantismo fronte á transparencia nas contratacións do persoal.
  • Precariedade laboral fronte á profesionalización.
  • Incumprimento electoral fronte ó compromiso cos cidadáns e cos traballadores do SPDCIF e PLADIGA.

CIG, CSI-F, UGT e CCOO advirten que seguirán combatendo esta decisión incoherente e inxustificada coas mobilizacións e medios legais que sexan precisos ata conseguir que o goberno cumpra os seus compromisos.

CIG, CCOO, CSI-CSIF e UGT ESÍXENLLE UNITARIAMENTE Ó GOBERNO:

  • O REFORZAMENTO do CARÁCTER PÚBLICO do SERVIZO PÚBLICO DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS (SPDCIF)
  • A CONTRATACIÓN de TÓDOLOS traballadores de Prevención, Defensa e Extinción de Incendios Forestais (SPDCIF e PLADIGA) a través das Listas Públicas Oficiais de Contratacións Temporais da Xunta de Galicia.
  • A Eliminación de SEAGA e NATUTECNIA do ámbito da Prevención, Defensa e Extinción de Incendios Forestais.
  • A CONVOCATORIA URXENTE das OO.SS para permitirlle ós representantes lexítimos dos traballadores que lle podamos expoñer as nosas valoracións sobre tódalas eivas que se levan producido nesta tempada de alto risco, tanto en materia de dereitos laborais, como na falta de prevención de riscos laborais e descoordinación.
  • A CONVOCATORIA URXENTE do Comité de Seguridade e Saúde do SPDCIF ós efectos de abordar toda problemática existente en materia de seguridade, así como a sinistralidade acontecida en todo o que vai de tempada.

 

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2010

 

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

{jcomments on}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies