Nota de prensa (05-06-07)

 

 

As organizacións que constitúen a Plataforma Sindical de Axentes Forestais de Galicia (formada polos sindicatos CC.OO., CSI-CSIF e UGT, queremos manifestar:

 

O MEDIO AMBIENTE, UN NEGOCIO PRIVADO E DE POLÍTICA DE ESCAPARATE

 

Os Axentes Forestais de Galicia queremos manifestar no día Mundial do Medio Ambiente que o que debera ser unha mostra de utilización de novas tecnoloxías, mecanismos de control, colaboración con paises, institucións, educación cidadá e unha celebración para resaltar os valores do medio ambiente, a mellora da conciencia para o respecto dos valores ecolóxicos e forestais, a sociedade galega debe ser consciente de que as directrices emanadas das Consellerías de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Medio Rural están claramente encamiñadas cara ao negocio e o lucro, pois poñer a xestión en mans privadas cando debía ser exercida pola propia Administración non deixa de ser unha demostración de intereses políticos pouco claros e de certa incapacidade na xestión pública deste goberno de dous partidos, pois estase a poñer en mans de empresas como TRAGSA a xestión da riqueza ecolóxica e forestal de Galicia, en detrimento de tódolos galegos e galegas.

 

A incompetencia, o lucro e escuros intereses políticos dos cargos da Consellería de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Medio Rural fai que só atopen a fórmula de xestión e protección dos valores do medio ambiente incentivando e creando dependencia económica contando con estas empresas, xa que o persoal e medios propios da Administración non está dotada dos medios, ferramentas que precisan para exercer as labores que farían que estes valores naturais fosen tutelados dun xeito público, directo e efectivo.
Así, despois de valeirarse de traballo agora venden a xestión dos bens públicos como é o medio ambiente pasa a estar en mans de empresas que, unicamente buscan o beneficio económico por encima de todo, desdruindo postos de traballo público, e costeado co diñeiro de tódolos galegos e galegas, saíndonos a tódolos contribuintes moito máis cara esta forma de xestionar.

 

Do mesmo xeito, a Consellería do Medio Rural tamén está a levar este tipo de políticas escuras e de escaparate privatizando o que xa resulta intolerable: A xestión do ámbito público a través da empresa Seaga no tocante ós gravísimos incendios forestais que Galicia padece, asunto que ten unha clara incidencia medioambiental sen parangón.

 

Os Axentes Forestais levamos 130 anos exercendo a protección e defensa do medio ambiente, e, como profesionais na materia, atesouramos a maior experiencia neste eido, observamos atónitos como o que se está a facer coa xestión e protección do ben xurídico a protexer, resulta mera xerencia especulativa e interesada, polo que o día de hoxe para nós é un día de negocio e de política barata:

 

O MEDIO AMBIENTE, UN NOVO NEGOCIO

 

Teléfonos de contacto para ampliar información

 

  • Por CC.OO. Alejandro Rodríguez Pazos, Axente forestal ………………………657.659.534
  • Por CC.OO. Javier Sánchez Juíz, Axente forestal …………………………………667.703.511
  • Por UGT José Luis Espiñeira Lage, Axente forestal ……………………………..637.567.681
  • Por UGT Antonio Pimentel González, Axente forestal ……………………………627.419.605
  • Por CSI-CSIF Aquilino Valencia Salgado, Axente forestal ………………………608.582.765

 

 

 

Santiago de Compostela, 05 de xuño de 2007{jcomments off}

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies