A Disposición Adicional 18ª da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de Marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, deu unha nova redacción aos artigos 134 e 135 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, relativos á prestación por riscos durante o embarazo ou a lactancia natural.
Ámbito de aplicación:
Só sera de aplicación a embarazos de mulleres sás (suspensión de contrato e prestación por risco durante o embarazo), quedando excluidos os embarazos de riscos.
Terán dereito a ista prestación:
- Traballadoras por conta allea do Réxime Xeral da S.S. e dos Réximes especiais.
- Traballadoras autónomas e traballadoras por conta propia dos sectores do mar e agrario.
- Traballadoras da Admón. do Estado e o persoal estatutario dos Servizos de Saúde.
Cantidade a percibir:
A prestación económica por riscos durante o embarazo consiste no abono dun subsideo equivalente ao 100% da base reguladora do accidente de traballo do mes anterior ao inicio da prestación, non requeríndose un período mínimo de cotización á Seguridade Social ao considerarse continxencia profesional.
Competencia:
O recoñecemento e abono das prestacións correspóndelle a entidade que xestiona as continxencias profesionais, que na maior parte das empresas correspóndelle ás Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais asociadas á empresa. No caso de que a xestión non lle competa a ningunha Mutua, ista prestación será xestionada polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).
Efectos:
A suspensión do contrato da traballadora por riscos durante o embarazo ou lactancia natural exonera das obligacións de traballar (traballadora) e remunerar (empresario). Durante ista situación o empresario está obrigado a continuar coa cotización da traballadora á Seguridade Social.
Tamén implica a reserva do posto, polo que a traballadora poderá incorporarse ó seu posto de traballo.
Duración:
1º. Prestación por risco durante o EMBARAZO. Comenza o día que se inicia a suspensión do contrato e finaliza o día anterior ao que se inicie o permiso por maternidade tras dar a luz ou o día da reincorporación da traballadora a un posto compatible co seu estado, sempre que proceda.
2º. Prestación por risco durante a LACTANCIA NATURAL. Terá unha duración máxima ata que o/a fillo/a cumpra os 9 meses ou cando a traballadora se incorpore o seu posto por desaparecer o risco que motivou ista situación a outros posto compatible co seu estado na empresa.
Extinción:
- Por extinción do contrato de traballo por causas legais.
- Por causar baixa no Réxime da Seguridade Social.
- Falecemento do beneficiario.