Resumo da Asemblea do día 22-12-08
Escomenzou a xuntanza coa explicación da cobertura e custo dun seguro médico por parte de dous empregados da compañía Mapfre, ofertando dous tipos de seguro, “Cajasalud” e “Medisaud”.
O Cajasalud tería un prezo mensual aproximado de entre 30 e 40 euros mensuais, e o Medisalud custaría ó redor de 2 ou 3 euros máis que o anterior, cubrindo ámbolos dous só á persoa asegurada.
Ámbolos dous seguros teñen un cadro médico, e a asistencia a unha consulta dos facultativos que figuren nese cadro é gratuita. Tamén se pode acudir a calquer facultativo que non figure no cadro, pero neste caso pagaríase a consulta por parte do paciente e posteriormente abonará a compañía aseguradora ó paciente entre o 70 ou o 80 % do custo da consulta, en función do seguro contratado.
Segundo eles, teñen convenios coas principais clínicas privadas de Galiza, e o seguro ten cobertura nacional e internacional, pero non se cubren os gastos de desprazamento.
Tamén teñen unha cobertura dental básica.
Para unha maior claridade á hora de axustar o custo de cada un dos seguros, é preciso coñecer a idade da persoa interesada, polo que se aprobou en votación achegar á compañía aseguradora as datas de nacemento dos asociados para obter unha resposta da compañía, da cal se dará cumprida información nesta páxina.
Aprobáronse as contas que a día de hoxe constan dun saldo de 5058, 24 euros, dos cales hai que descontar dous recibos de AEAFMA, e o Asesor xurídico que é aproximadamente de 1200 euros.
Subliñar que todavía falta por pasar o segundo recibo anual, polo que o estado de contas será superior ó aquí notificado.
Foi rexeitado o punto 11 da proposta de Acordo da Asociación, “situación de excepción ou catástrofe”, que será redactado de novo e volverase presentar.
Este foi o punto que tivo máis intervencións, chegando a alongarse tanto no tempo que non houbo cabida para debater a proposta da Asociación nin a creación dun sindicato, quedando aprazados para unha nova Asemblea.
O que sí se aprobou foi o de seguir co estudo da creación dun sindicato, o punto da creación dun sindicato non puido debatirse por falla de tempo e pola inasistencia do Asesor xurídico, que non puido desprazarse por problemas de axenda.{jcomments off}