Resumo da xuntanza coa Consellería de Medio Ambiente (13 – 11 – 07)
O único tema a tratar nesta xuntanza foi o dos uniformes da escala de Axentes Forestais. Os responsables da Consellería de Medio Ambiente, presentes na reunión plantexou a necesidade de resolver con caracter urxente a uniformidade do colectivo, dada a problemática coa que se atopan á hora de proporcionar unha renovación ou unha nova dotación de roupa e tendo en conta que última entrega data de fai uns dous anos.
Nesta xuntanza, segundo a Administración, tratábase de consensuar e acordar coas organizacións sindicais representativas, o novo modelo de uniforme para o colectivo de Axentes Forestais, sobre a base de dúas opcións:
- Actualizar e rediseñar o actual modelo da Consellería de Medio Ambiente.
- Copiar e acollerse ó modelo adoptado pola Consellería de Medio Rural.
Tras un certo debate, no que se plantexou que o importante era acordar un modelo de uniforme regulamentario e posteriormente publicalo no DOG, que recollese as especificidades relativas ó ámbito laboral e de destino de cada posto (parques nacionais, zonas de alta montaña, etc…..), acordouse manter unha nova xuntanza o xoves día 22, para tentar concretar modelos, compoñentes, formatos e cores.
Desde CCOO destacamos en positivo que por fin esta Consellería se sente a negociar cos representantes legais dos traballadores, e acorde sobre a base do consenso tódolos elementos identificativos e de traballo do colectivo de Axentes Forestais, tal como viñamos reclamando dende fai moito tempo.
ACCIÓN SINDICAL
SECTOR ADMÓN. AUTONÓMICA de CC.OO. de Galicia{jcomments off}