Reunión da Plataforma Sindical (CC.OO., CSIF e UXT) e a Asociación cos Secretarios Xeráis (28 de setembro de 2005)

 

Aínda que en principio só estaba confirmada a presencia do Secretario Xeral de Medio Ambiente, finalmente tamén acudiu á reunión o Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural.

Por parte da Plataforma Sindical expúxose a súa disconformidade coa presencia do sindicato C.I.G., e a piques se estivo de abandonar a reunión, pois a solicitude da mesma partiu da actual Plataforma, integrada polos Sindicatos CC.OO., CSIF e UGT, logo de que a C.I.G. se autoexcluira dela.

Ámbolos dous Secretarios Xeráis defenderon que se levara a cabo igualmente a reunión, xa que en parte eran culpables da súa presencia, pois eles mesmos a convocaran, para evitar perdas de tempo en reunións paralelas (motivos de axenda e eficacia).

A Plataforma Sindical expuxo o punto central do día: a disconformidade coa separación do colectivo en dúas Consellerías, e as posibles consecuencias deste feito, insistindo en que a gardería forestal de ningún modo debería desdoblarse, senón pertencer a un único corpo e escala, reprochándolles que non nos houberan convocado con anterioridade para recabar a opinión dos representantes dos traballadores. O Secretario Xeral de Medio Ambiente aludiu a que nós eramos o primero colectivo que recibira dende a toma de posesión do seu cargo; non pode dicir o mesmo o de Medio Rural.

Plantexáronselles varias alternativas, como a creación de 150 novas plazas de Conservación, para pasar a formar parte da Consellería de Medio Ambiente; ou pasar a depender orgánicamente da Consellería de Presidencia, e que as dúas Consellerías actuaran de xeito similar a como se actuaba con dúas Direccións Xeráis, que dictaban as súas respectivas instrucións de traballo (evidentemente, sobreenténdese que mellorando o tema).

Espúxose tamén a necesidade de abri-la Mesa de negociación específica da nosa escala, ou Mesa de Seguimento, pois moitos son os temas pendentes de solución, e moitos os problemas relacionados coa mellora das condicións laborais do noso colectivo e do medio ambiente en xeral. Pero puntualizouse que é necesario que esta mesa sexa única, é dicir: que estén presentes nela representantes das dúas Consellerías (así como de Presidencia e/ou Economía, cando as circunstancias así o requiran).

Resposta por parte dos representantes dos Secretarios Xeráis das Consellerías de Medio Ambiente e do Medio Rural:

Confirmaron que a reasignación do colectivo a dúas Consellerías podía considerarse un feito incuestionable, pois é froito dun acordo político e se rematará executando ( Conservación para a de Medio ambiente, Montes e Incendios para Medio Rural). Pero aseguraron que eso non implica a súa disgregación, senón que o colectivo de Axentes Forestais seguirá pertencendo a un único corpo e escala, seguirá a ser un único colectivo, en condicións de igualdade entre os que pertenzan a unha ou outra Consellería (igualdade de condicións laborais e retributivas), asi mesmo, garantízase a permeabilidade entre especialidades, a intercolaboración, o solapamento de funcións (manteranse as especialidades, e orgaizarase a colaboración).

A curto prazo, manterán o operativo deseñado polo anterior grupo de goberno.

Asimesmo, garantizan o cumplimento do Acordo asinado entre a Plataforma Sindical de Axentes Forestais e a anterior Administración da Xunta de Galicia.

Tamén aceptaron abri-la Mesa de seguimento, a cal será unha mesa única aínda que sexan dúas as Consellerías.

Outros temas:

– O concurso de traslados resolverase a mediados de outubro.

– Solicitouse que velaran porque ós Axentes funcionarios en situación de provisionalidade se lles oferten tódalas vacantes resultantes do concurso, que é o legal, e que é un tema que hai que axilizar, pois a situación en sí é totalmente irregular e xa está próxima ós dous anos.

– Citouse a necesidade da promulgación dunha Lei do corpo de Axentes Forestais, que regule de xeito amplo e serio as nosas funcións, atribucións, dereitos e deberes.

– Subliñouse a necesidade de rematar os procesos abertos no anterior proceso negociador (modificación da Lei 2/2000, facer realidade o grupo “C”, etc).

– O complemento de productividade acumulada dende o 15 de xuño ó 30 de setembro aboarase coa nómina de outubro. {jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies