Suzuki defende que os todoterreo “Jimny” están preparados para o traballo forestal

Suzuki sostén que os “Jimny” dispoñen de asento regulable e están homologados de acordo con todas as normativas vixentes, polo que cumpren os requisitos de seguridade e confort, desmentindo deste xeito as críticas dos axentes forestais de que nestes vehículos “levan os xeonllos pegados ao volante”. Ademais, a compañía sostén que, tras comprobar todas as reclamacións que se produciron por averías de vehículos “Suzuki Jimny” en garantía, ningunha delas tivo a súa causa nunha rotura da barra de dirección, como indicaban os axentes forestais.