VI Fórum de política forestal

 

Solsona, 4, 5 e 6 de novembro de 2008
BosqueA aceptación social e política do cambio climático, a consolidación da sostenibilidade en todos os eslabóns da política e instrumentos de planificación asumida desde fai decenios polo sector forestal, ou aspectos coiunturais e de consecuencias estructurais como o encarecimento do petróleo, xunto coa cada vez maior conciencia social sobre a necesidade de contemplar aspectos ambientais no noso modelo de desenvolvemento ofrecen novas expectativas sobre o papel dos bosques e do sector forestal no actual contexto de cambio global.
Con todo, tan importante é coñecer como afectan os bosques e a política forestal á sociedade, como, precisamente, como a sociedade afecta á xestión e conservación dos bosques. Trátase, sen dúbida, dunha estreita relación bidireccional na cal, o recoñecemento por parte da sociedade da histórica achega do sector forestal cara á sostenibilidade do desenvolvemento pasa a ser un aspecto cada vez máis determinante para a adopción de políticas efectivas e eficientes.
A sexta edición do Fórum de Política Forestal pretende abordar todos estes aspectos relacionados entre sí, desde as máis actuais tendencias internacionais para a promoción do uso sostible e responsable dos produtos forestais ou as alianzas de comunicación para fortalecer a proxección social do sector, ata a adaptación dos modelos de política forestal nacionais e autonómicos ós novos retos e oportunidades do sector e a participación das empresas e a sociedade no desenvolvemento sostible.
Esta nova edición consolida ós Fórums como o espazo de debate de maior proxección nacional sobre política forestal e a relación entre os bosques e a sociedade, a relación entre o sector forestal e o desenvolvemento sostible da sociedade.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies