Xubilación especial ós 64 anos co 100% de dereitos

 

Unha das modalidades de xubilación previstas pola Seguridade Social, Real Decreto 1194/1985, e recollidas tanto no IV Convenio Colectivo como no V para Persoal laboral da Xunta de Galicia é a Especial con 64 anos de idade e o 100% dos dereitos. Ven recollida no artigo 34, do V Convenio Colectivo, baixo o epígrafe de Xubilación e fomento de emprego.
 
Hai que ter en conta que a xubilación os 65 anos ten carácter forzoso para todos os traballadores da Xunta de Galicia, EXCEPTO para aqueles que aínda non cumpliron as cotizacións mínimas esixidas pola SS, para os cales se poderá prorrogar o servicio ata que cumplan 15 anos de cotización, período mínimo que neste momento esixe a Seguridade Social.
 
Requisitos para aqueles que se queiran xubilar ós 64:
 
  • 30 anos cotizados polo traballador solicitante, acreditados en vida laboral.
  • Instancia dirixida á Delegación Provincial ( modelo que temos a disposición no sindicato).
  • Substitución do xubilado por un traballador inscrito como demandante de emprego.
Nota: Como recomendación decirvos, que os que estedes interesados, vos poñades en contacto con nós 4 meses antes de cumplir os 64 anos de idade, para iniciar a tramitación e poder acollerse á xubilación en tempo e forma.
 
Tedes que ter en conta que todos aqueles que vos xubiledes, baixo calquera das modalidades, tedes dereito a percibir unha gratificación consistente en  tres mensualidades íntegras de salario.
 
 
Ourense, 5 de maio de 2009.
 
 
SECCIÓN SINDICAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DA PROVINCIA DE OURENSE.
Para calquera outra dúbida ou consulta non dudedes en poñervos en contacto con nós no 988392260
 
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies