Xuntanza da coordinadora de AA.FF e M.A con D. Miguel Aguado, coordinador estatal de medio ambiente do PSOE

O día 23 de novembro tivo lugar a reunión entre o coordinador de medio ambiente a nivel estatal do PSOE, D. Miguel Aguado e a responsable da Coordinadora Federal de Axentes Forestais/Ambientais da FSC-CCOO, Esther Ruiz Berges.

Esta reunión englóbase no marco dos contactos cos diversos partidos políticos que desde a Coordinadora Federal xunto coa Secretaría de Medio Ambiente FSC-CCOO tiveron lugar para tratar o apoio dos diversos grupos parlamentarios á Lei Básica de Coordinación dos Axentes Forestais/Ambientais proposta por CCOO.

Esta Lei básica é un dos obxectivos de traballo prioritarios desde a Coordinadora, xa fixados no Decálogo de creación da mesma no ano 2004, e coa que se pretende regular e blindar determinados aspectos deste colectivo como son: carácter funcionarial con condición de Axentes da Autoridade e Policía Xudicial; funcións de inspección, custodia, policía e vixilancia, funcións técnico-ambientais e de apoio á función técnica e as relacionadas con incendios forestais e outras emerxencias; homoxeneización das condicións laborais así como da imaxe institucional de todo o colectivo; regulación da segunda actividade e da xubilación anticipada; programas específicos de saúde laboral, etc.

Nesta reunión, D. Miguel Aguado, ademais de manifestar o seu interese e apoio aos obxectivos que se buscan con esta lei, sensibilizándose cara aos problemas aos que se enfronta este colectivo, mostrou o seu compromiso firme en impulsar o preceptivo ditame da Avogacía do Estado.

Neste mesmo encontro interesóuselle sobre a conveniencia de incluír ao colectivo de Axentes Forestais/Ambientais na futura modificación da Lei de Enxuizamento Criminal que substituirá á actualmente vixente de 1882. Esta Lei, no seu artigo 283 recollía quen constituían a Policía Xudicial, téndose que modificar a súa redacción e incluíndose a actual denominación deste colectivo.

Dado o apoio que desde a maioría dos grupos parlamentarios está tendo o borrador de Lei Básica proposto por CCOO parece ser que no próximo ano 2010 pase definitivamente a debate no Congreso dos Deputados.

Coordinadora Federal de Agentes
Forestales/Medioambientales FSC-CCOO
R/ Cardenal Cisneros nº 65-1º 28010- MADRID
Tfno.: 689.57.56.91 e 91.2.73.51.60
forestales@fsc.ccoo.es

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies