Primeira reunión da Mesa de Negociación dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia

Renovación do acordo, CCOO moderadamente satisfeita coa actitude amosada pola administración.


O 27-11-2009 convocouse a Mesa de Negociación dos Axentes Forestais de Galicia, estando presente por parte da Consellería de Medio Rural o Secretario Xeral Técnico (Jorge Atán), o Director Xeral de Montes e Incendios Forestais (Tomás Couto), o Director Xeral de MAN (Manuel Borregón) e os respectivos subdirectores, así como tamén a Subdirectora de Persoal. Pola parte social, estiveron representates das catro centrais sindicais, por parte de CCOO estivo Emilio Doforno, Chema e Alvite.

Esta reunión foi unha primeira toma de contacto onde se acordou a renovación do acordo de 2005 -xa vencido-, así mesmo, a consellería comunicou que na próxima reunión proporía un “calendario de ruta”.

Por parte de CCOO comunicóuselle que se ía presentar a mesma proposta xa presentada ao Goberno anterior e tamén que proximamente tentaremos ter reunións conxuntas coas demais centrais sindicais co fin de tentar acadar unha proposta conxunta.

CCOO considera positiva esta reunión polo que significa de quedar constituída a Mesa de Negociación e así mesmo ao cambio de actitude coa vontade amosada tanto pola administración como polas centrais sindicais presentes a renovar o acordo que levaba demasiado tempo no caixón do esquecemento.

Acción Sindical
Sector Federal de Administración Autonómica de Galicia
FSC-CCOO Galicia

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies